(A Coruña) Convenio colectivo industrias de carpintería e ebanistería. Calendario Laboral 2013


Martes 5 de marzo de 2013
por  Convenios Colectivos
popularidad : 10%  Visitas  1368




(A coruña) Calendario Laboral 2013. Convenio colectivo industrias de carpintería e ebanistería.


Resolución de inscrición e publicación do calendario laboral 2013 do convenio colectivo das industrias de carpintería e ebanistería da
Coruña

Vista a acta da xuntanza celebrada o día 24 de xaneiro de 2013 pola comisión negociadora do convenio colectivo das
industrias de carpintería e ebanistería da Coruña (código 15000805011982), na que se aproba o calendario laboral para
o ano 2013, de conformidade co disposto no art. 90.2 e 3 do RDL 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o texto
refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores , e no RD 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios
e acordos colectivos de traballo
ESTA XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR ACORDA:

1.º.–Ordenar a súa inscripción no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma
de Galicia.

2.º.–Dispoñer a sua publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
A Coruña, 14 de febreiro de 2013.

ACTA

Na Coruña, e sendo as 12.00 horas do 24 de enero do 2013, reúnense os componentes da comisión negociadora do
convenio colectivo provincial das industrias de carpintería e ebanistería da Coruña

Reúnense as partes negociadoras na sede da Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería e Ebanistería,
indicándose as negociacións para confeccionar o calendario laboral que rexirá no ano 2013 cun total de 1.752 horas
establecidas por convenio colectivo.

En consecuencia páctanse como festivos os que figuran no calendario adxunto, e que son os seguintes:

  • 12 de febreiro
  • 26 de xullo
  • 16 de agosto
  • 23, 24, 30 e 31 de decembro

Os días F.C. que figuran no calendario, se coinciden no período vacacional, non computan a efectos de F.C.

Cando un festivo local coincida con un festivo de convenio, este pasará o día laborable anterior.

Finalmente facúltase a Jesús M.ª Calvo Romero, con DNI 33234512-H, para a presentación do presente acordo ante a
Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a efectos da súa homologación e posterior
publicación no Boletín Oficial da Provincia.

E, en proba de conformidade, asínase a presente no lugar e data arriba sinalados.







Comentar el Artículo




Ámbito Estatal-Interprovincial







Estadísticas

Última actualización

Martes 17 de enero de 2017

Publicación

2342 Artículos

Visitas

211 hoy
98 ayer
1923680 desde el principio